miércoles, 13 de abril de 2016


Esta liña é só para lembrarvos que este sábado ás 16 (unha hora máis tarde que nos anos anteriores), comezaremos o noso décimo ciclo de literatura galega que este ano vai estar centrado nas produccións románticas e eróticas.

Vémonos na Biblioteca Galega de Bos Aires (Chacabuco 955, 1º andar).

Ademáis, achegámosvos un convite moi especial. A nosa benquerida compañeira Inés Martínez vai presentar o seu poemario Partida na mesma Biblioteca Galega e a continuación da xuntanza o sábado. Mandamos nota de prensa.

Para rematar, un apuntamento breve sobre a Feira do Libro. Nestes días, mandaremos o cronograma de máis de 150 actividades galegas que se poderán atopar na mostra. Ainda que un documento provisorio, con toda seguridade, atoparedes xa moitas cousas interesantes.

Nós, pola nosa banda, teremos nós unha visita especial: o sábado 30 de abril, na librería Fedro (Carlos Calvo 578, a poucos metros da Biblioteca Galega), protagonizaremos un encontro co editor e escritor Francisco Castro e a autora e conductora de televisión María Solar. Pensamos que vai ser ás 15, pero ainda temos que confirmar.








Apertas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario